20 febrero 2008

DESCULPAS EN MONTERROSO
Fai uns días vimos nun xornal da Galiza como o concello de Monterroso pedia desculpas aos vecinos da vila polo deficiente funcionamento da parabólica ,alguns ficamos perplexos ante tal nova pois era a 1ª vez en 8 anos que o concello recoñecia un erro;pois ben ante tal feito agardabamos un cambio de rumbo na política municipal mais so tardou 3 días en amosarnos que foi un espexismo:Esta fin de semana con motivo da feira do queixo da ulloa,o rexedor voltou a amosar a sua verdadeira cara discriminando a uns veciños co reparto de metros no recinto feiral e deixando fora do concurso de pinchos a locais de hostaleria da vila sen motivo algún.Dende o concello puxeron a disposición dos veciños a 2 persoas encargadas de solucionar os problemas da parabólica.para amañar o sectarismo e o desprezo que se lle fixo a algunhas persoas non puxeron a ninguen(de momento),gustarianos saber cantos son os encargados de amañar as "cociñas do mes de maio";Os vecinos de Monterroso ben me entenden
xose anton louzao
Monterroso